Ribeira retoma as obras do Centro de Deportes Náuticos de Aguiño. Nos próximos días chegarán as estruturas prefabricadas de formigón

26 Outubro 2025

O novo goberno municipal de Ribeira puxo en marcha unha das súas liñas estratéxicas prioritarias: revisar e reactivar os proxectos de infraestrutura que permanecían paralizados. Entre eles atópase o Centro de Deportes Náuticos de Aguiño, unha instalación clave para o desenvolvemento deportivo e mariñeiro do municipio.

A alcaldesa, María Sampedro, denunciou a situación de bloqueo na que se atopaban numerosos proxectos vitais para a veciñanza ribeirense. “Somos un concello que mira ao mar, tamén no ámbito do deporte, e resulta necesario progresar na execución deste edificio”, sinalou a rexedora.

Neste sentido, Sampedro, acompañada pola concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso, e persoal técnico municipal, mantivo unha reunión de traballo coa empresa adxudicataria co obxectivo de avanzar na execución das obras.

Esta semana chegarán as estruturas prefabricadas de formigón que conformarán o esqueleto da nave, despois de que fora preciso realizar modificacións por cuestións do terreo que afectaban á cimentación. Segundo as previsións municipais, en novembro o edificio contará xa coas paredes e en decembro coa cuberta, para comezar despois os traballos interiores e rematar a obra no mes de marzo.

A alcaldesa tamén destacou a colaboración do Club de Remo de Ribeira, que asesorará no equipamento deportivo para garantir que o centro conte co material máis axeitado para o desenvolvemento das súas actividades.

O futuro Centro de Deportes Náuticos contará con 1.156 metros cadrados divididos en dúas plantas. Na baixa situaranse a zona de almacenamento de embarcacións, o foso de adestramento, recepción, aseo adaptado e almacén; mentres que na primeira planta haberá un salón multiusos con aula e cociña office, despacho, baño adaptado, vestiarios, ximnasio e almacén.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.