Ribeira presenta no III Foro Urbano de España o seu modelo de cidade sostible, innovadora e dixital

23 Outubro 2025

O Concello de Ribeira participou no terceiro Foro Urbano de España, celebrado na Coruña os días 22 e 23 de outubro, un encontro institucional que reúne a representantes de distintas administracións e cidades co obxectivo de intercambiar experiencias arredor da Axenda Urbana Española.

A alcaldesa, María Sampedro, representou ao municipio e destacou que Ribeira “sempre apostou pola innovación, a sostibilidade e a transformación dixital”, presentando o modelo de planificación estratéxica municipal baseado nas distintas fases do proxecto Ribeira Atlántica.

Sampedro explicou que o plan Ribeira Atlántica 2015 marcou a folla de ruta para definir o futuro da cidade, consolidada co programa Máis Ribeira Atlántica, desenvolvido a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), financiada con fondos Feder.

Co novo marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), Ribeira impulsou a súa Axenda Urbana Atlántica, que permite financiar actuacións definidas no Plan de Acción Local con fondos Next Generation, mirando cara ao horizonte 2030 cunha Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local que aposta por unha cidade máis conectada, inclusiva e resiliente.

A rexedora subliñou que a Axenda Urbana de Ribeira Atlántica se basea en políticas urbanas sostibles nos eidos económico, social e medioambiental, e en aproveitar o coñecemento e as sinerxías en innovación, financiamento, gobernanza e transparencia, contando coa participación dos axentes civís, económicos e empresariais.

“Ribeira é unha cidade que busca de forma sistemática e deliberada facer cousas novas ou facer as mesmas cousas de maneira diferente, afrontando retos que aporten valor á cidadanía e á sociedade no seu conxunto”, destacou Sampedro.

Entre as actuacións recentes, a alcaldesa salientou a instalación de 9.000 puntos de luz LED, a posta en marcha de 8 plantas fotovoltaicas, a rehabilitación da Casa Consistorial, a reforma integral do conservatorio de Aguiño, a creación de pasos peonís intelixentes, baños públicos autolimpiables, cartelería dixital, o programa WiFi4EU, a Aula CeMIT e os contedores intelixentes refrixerados do mercado municipal.

Ribeira tamén foi recoñecida como Destino Turístico Intelixente, dentro da plataforma nacional de cidades Smart Cities.

Sampedro concluíu a súa intervención subliñando que o obxectivo é continuar avanzando “cara a unha Ribeira intelixente, eficiente, turística e humana”, consolidando un modelo de cidade moderna e sostible que sirva de exemplo no contexto galego e estatal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...