O Concello de Ribeira presentou este venres 3 de outubro a sexta edición da Andaina Solidaria a favor da Asociación AGRAPEM (Asociación Galega de
Familias de Nenos Prematuros) de Ribeira, organizada pola Asociación de Amas de Casa e coa colaboración do Concello e dun gran número de
patrocinadores locais. Á convocatoria asistiron o concelleiro de Sanidade Juan Luis Furones, Sofía Cores da directiva de AGAPREM, e o técnico de Deportes do Concello, Fran Romay.

Cores informou que a saída e chegada da andaina será este ano dende a
praza do Concello o vindeiro domingo 12 de outubro a partir das 10.30 horas,
as inscricións poderanse facer por Whatsapp ao número 653 33 31 24, ao correo amasdecasaderiveira@gmail.com ou in situ cun prezo libre ou á vontade (o mesmo día da propia andaina).
Cores agradeceu ao Concello de Ribeira pola colaboración igual que aos patrocinadores que un ano máis decidiron apoiar esta camiñada.
Sofia desvelou que o percorrido de este ano “vai a ser máis sinxelo”. A continuación pasoulle a palabra ao técnico Fran Romay para explicar máis polo
miúdo o percorrido da andaina, e comezou sinalando “que o obxectivo principal
é dar visibilidade a esta asociación que loita polos bebés prematuros que son
aqueles nados antes da semana 37 de xestación, cun desenvolvemento
inmaduro dos seus órganos e un maior risco de complicacións e mortalidade”.
Romay pasou a explicar o propio percorrido: “Será unha andaina moi sinxela e familiar dunha hora -4 quilómetros-, o traxecto vai a ser dende a praza do Concello até á Ameixida onde se fará unha pequena parada para a continuación vir de volta de cara a praza do Concello. O traxecto será totalmente accesíbel e aberto a todo tipo de público”.
Romay engadiu que este ano vai haber agasallos de camisetas e unha mochila para os primeiros 200 inscritos, e de cara ao final da proba haberá agasallos proporcionados polos patrocinadores.
O concelleiro de Sanidade agradeceu ás Amas de Casa de Ribeira e salientou que a prematuridade “é unha enfermidade descoñecida que causa a maior parte de mortalidade infantil por debaixo dos cinco anos”.
Furones significou que en Galicia “temos unha taxa de prematuridade que é maior ca no resto do estado español”.
O concelleiro fixo saber que con maior visibilidade da enfermidade, “poderíase tratar máis adecuadamente para que os nenos/as tiveran máis posibilidade de saír adiante e dende o Concello sempre estaremos axudando neste senso dunha causa nobre e máis dun hábito saudábel, tamén”.



