Ribeira amplía o horario de apertura dos cemiterios municipais cara o Día de Tódolos Santos

21 Outubro 2025

O Concello de Ribeira habilita un horario extraordinario para os cemiterios municipais da cidade e de Palmeira con motivo do Día de Tódolos Santos.Deste xeito, ambos camposantos estarán abertos de 09.00 a 19.30 horas, mentres que os días 30 e 31 de outubro, así como 1 e 2 de novembro, poderán visitarse as 24 horas, sen pechar ningunha xornada. Trátase, segundo informou o Concello, “dunha medida que busca facilitar o acceso da cidadanía para adecuar os nichos e sepulturas e velar aos seres queridos nestas datas”.

A ampliación do horario estará en vigor entre o día de mañá, 22 de outubro, e o 2 de novembro, ambos inclusive. Despois deste período retomarase o horario habitual de inverno: en Ribeira, de 09.00 a 18.30 horas (pechado os xoves), e, en Palmeira, de 09.00 a 18.00 horas (pechado os luns). Ademais, os traballadores municipais intensificaron as tarefas de limpeza, roza e pintado dos lugares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.