Ribeira agasalla paraugas “Contra a violencia machista, non xires a vista”

10 Outubro 2025

Ribeira impulsa o comercio local cunha campaña que tamén promove a igualdade

A concelleira de Comercio, Genoveva Betanzos, e a concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, presentaron unha nova campaña de dinamización comercial promovida pola Concellería de Comercio do Concello de Ribeira. A iniciativa ten como obxectivo impulsar as compras no comercio de proximidade ao tempo que conciencia á cidadanía sobre a loita contra a violencia machista.

Durante a presentación, Genoveva Betanzos destacou a importancia de apoiar o comercio local, especialmente nestes meses previos ao Nadal:

“Precisamente nestes meses de outono é cando temos que apoiar máis ao noso comercio para intentar xerar unhas dinámicas que fagan de ponte cara ás compras do Nadal”, sinalou.

Como parte da campaña, o Concello de Ribeira pon á disposición da veciñanza 1.000 paraugas de balde, adquiridos no propio comercio local. As persoas interesadas poderán recoller un máximo de dúas unidades por persoa, ata esgotar existencias.

A distribución dos paraugas comezará o luns 20 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas (2º andar, fronte á biblioteca). A concelleira salientou que esta acción é gratuita e pretende incentivar o consumo responsable e solidario, reforzando o compromiso municipal co tecido económico e coa igualdade de xénero.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...