Quince persoas aprenden o oficio tradicional da carpintería de ribeira no museo Ciprián de Outes

18 Outubro 2025

Recuperan en Outes un sancosmeiro, unha embarcación tradicional perdida

TVG

Outes volve a ser, un século despois, un referente na construción naval tradicional. Cada sábado, quince persoas participan nas clases de carpintería de ribeira que se imparten no museo Ciprián, situado onde funcionou un dos numerosos estaleiros que marcaron a historia mariñeira do municipio ao longo do século XX.

“Outes é a cerna da carpintería de ribeira. A principios do século pasado aquí había corenta estaleiros coma este, e nesta propia enseada doce”, lembra Xesús Mato Vilas, presidente da Asociación Terra de Outes, entidade promotora da iniciativa.

O curso céntrase na construción dunha maqueta a escala do sancosmeiro, unha embarcación tradicional galega que se está a reproducir neste mesmo lugar. O modelo orixinal está a ser elaborado polos profesionais dos Estaleiros Catoira, en Rianxo, quen recuperaron un deseño de barco de madeira que se perdera co paso dos anos.

Segundo explica o carpinteiro de ribeira Santiago Cancelas, o obxectivo é “ensinar as técnicas da carpintería de ribeira e, ao mesmo tempo, construír unha réplica que quede a medio rematar para que se vexa o proceso e os detalles da construción”. A peza final, engade, terá “un uso divulgativo e expositivo”.

A maqueta, construída a escala 1:3 —cunha eslora de arredor de 2,70 metros fronte aos máis de oito do barco real—, pasará a formar parte do museo e servirá tamén como ferramenta didáctica itinerante para explicar o proceso de construción tradicional.

Entre o alumnado hai persoas con perfís moi diversos. “Traballo no mundo do turismo, son guía oficial e gústame o patrimonio. A carpintería de ribeira, aínda que está un pouco esquecida, formou parte da vida da xente de Outes, e para poder explicala que mellor que coñecer o traballo real”, conta Miriam Avilés, unha das participantes.

O mestre Cancelas salienta o valor do oficio: “A carpintería de ribeira é un traballo de calidade, con material nobre. Non se aprende en dous días, require tempo e dedicación. É agradable para quen o practica e tamén respectuoso co medio ambiente”.

A Asociación Terra de Outes xa conta con cinco embarcacións asociadas ao museo da carpintería de ribeira. Con esta actividade, a entidade busca conservar e transmitir un saber facer artesanal que forma parte da identidade e da memoria mariñeira da comarca.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.