Presentación do novo número da revista Foro Galicia e Valle-Inclán este xoves en Santiago de Compostela

15 Outubro 2025

Este xoves, 16 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar na Fundación Granell (Pazo de Vaamonde, praza do Toral, Santiago de Compostela) o acto de presentación do novo número da revista FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN. Publicación de estudos sobre Ramón del Valle-Inclán, correspondente ao Ano 2, N.º 2.

A revista é unha iniciativa promovida pola asociación homónima, presidida e dirixida editorialmente por Xaquín del Valle-Inclán Alsina, e ten como obxectivo difundir e fomentar o estudo e coñecemento da obra e figura do escritor Ramón María del Valle-Inclán, unha das grandes referencias da literatura galega e española.

O evento contará coa participación de investigadores, colaboradores da publicación e representantes do ámbito cultural galego, nun espazo simbólico como é a Fundación Granell, situada no corazón histórico de Santiago. A entrada é libre ata completar aforo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.