Porto do Son lanza bolsas para deportistas locais con destacada traxectoria competitiva

28 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son vén de anunciar a convocatoria de bolsas destinadas a deportistas individuais do municipio, co obxectivo de fomentar a práctica e o rendemento deportivo entre a veciñanza que destacou ao longo do último ano en competicións oficiais.

Tres modalidades de axuda A iniciativa contempla tres tipos de bolsas, adaptadas ao nivel e categoría dos deportistas:

  • Beca A: Dirixida a deportistas de disciplinas olímpicas ou paralímpicas que formen parte de seleccións nacionais absolutas e teñan opción de clasificarse para os Xogos Olímpicos. Dotación total: 2.500 €, a repartir entre as tres mellores puntuacións.
  • Beca B: Para deportistas que acadaron resultados salientables en competicións oficiais. Dotación máxima: 1.000 €, tamén a repartir entre os tres mellores expedientes.
  • Beca C: Enfocada a deportistas das categorías infantil e cadete. Dotación máxima: 1.500 €, distribuída entre os tres mellores.

Cada persoa solicitante deberá escoller unha única modalidade, xa que son incompatibles entre si.

Requisitos para optar ás bolsas As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes criterios:

  • Estar empadroadas en Porto do Son con, polo menos, tres anos de antigüidade.
  • Dispoñer dunha licenza federativa vixente.
  • Estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social.
  • Practicar un deporte olímpico, paralímpico ou de especial relevancia competitiva.

Prazo de presentación As solicitudes poderán presentarse ata o 6 de novembro a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica municipal, empregando o formulario dispoñible na web como Anexo I da convocatoria.

O alcalde, Luis Oujo, salientou que “a través desta iniciativa queremos axudar e impulsar a deportistas que, grazas ao seu esforzo e dedicación, están a conseguir grandes resultados en probas de ámbito autonómico, nacional e incluso internacional”. Engadiu que “todos e todas elas supoñen un orgullo para Porto do Son”.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...