“Por desesperación”. Luís Celeiro

20 Outubro 2025

Dixérono na radio e tamén deron a nova os xornais. Unha mala e triste nova, a dun home morto no
seu cuarto, do seu piso, da súa capital, con xente correndo de arriba para abaixo, para un lado e para
o outro; coas pombas mortas e musarañas mortas acompañando ao cadáver de Antonio. Alí, no
medio da multitude, estaba só e sen falar con ninguén. Se acaso, escoitaba o ruxir dos paxaros que
se achegaban por unha fiestra medio pechada, comían do que había e marchaban. Con aqueles
visitantes era con quen falaba. Tíñalles nome a cada un deles e todos respondían á chamada.
Non se sabe cando, pero un día, sen que a veciñanza o notara, quedou durmido no chan do cuarto e
foi podrecendo e desaparecendo lentamente ata que, un destes días, as autoridades locais atoparon
os seus ósos envoltos na chaqueta súa. Canta xente e canta soidade, canta miseria e canta fartura.
Efectivamente, parece que no mundo rico amontóase a miseria e a pobreza, mentres foxen os
coñecidos, os iguais, os amigos, os parentes e, poida que tamén, os fillos.
Na radio e na prensa aparecía estes días outra nova, ben interesante e alentadora, dando conta de
que “a poboación mundial vive máis ca nunca”, segundo os datos do informe da “Carga Global de
Enfermidades”, publicado pola revista The Lancet. Ao parecer a esperanza de vida a nivel global, en
2023 era vinte anos máis alta que a mediados do século pasado.
Este informe indica que a esperanza de vida sitúase, de media, nos setenta e seis anos para as
mulleres e nos setenta e un, para os homes. O informe sinala as diferencias que se producen
segundo o nivel socioeconómico do lugar onde se nace e onde se vive. Naqueles países do planeta
con máis ingresos, as mulleres e os homes teñen, de media, máis de oitenta anos. Nos países pobres
é outra cousa, en África subsahariana, por exemplo, a esperanza de vida é de trinta e sete e trinta e
cinco anos de media para as mulleres e para os homes, respectivamente.
En determinadas rexións de América do Norte e América Latina Incrementáronse as mortes na
mocidade. Son mortes por desesperación, por sobredose de drogas e/ou alcohol, por suicidio e por
mor de problemas derivados de cuestións económicas, sociais e psicolóxicas. Como di a Tía Manuela,
“este padecemento esixe un amaño”.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...