Pontón cualifica de “bochornosa” a moción de censura de Ribeira

01 Outubro 2025

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu ao PP que “non vai frear o ascenso do BNG” con mocións de censura “bochornosas” como a anunciada en Ribeira “con nocturnidade” e na que “evidentemente hai intereses escuros”, denunciou. “O PP sabe que está nun ciclo descendente e está disposto a todo para intentar paralo, pero non vai frear ao Bloque”, sostivo este 1 de outubro dende Cangas.

Pontón aproveitou o encontro organizado polo BNG en Cangas para presentar a súa Axenda Galega do Litoral e amosar “todo o apoio e todo o cariño” das filas nacionalistas ao rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral, contra quen o PP vai presentar unha moción de censura porque “é un gran alcalde” que está gobernando “a favor da maioría” do Concello.

Pérez Barral, presente no acto, recibiu a ovación de todos os alcaldes e alcaldesas, así como cargos institucionais do BNG que asistiron a unha reunión na que, precisamente, a líder do BNG acusou o Goberno de Rueda de preparar un “auténtico pelotazo” no litoral para favorecer as súas empresas amigas, antepoñéndoas aos intereses da maioría.

O Concello de Ribeira é un bo exemplo da “relevancia económica, social e ambiental” que ten o litoral, engadiu, para denunciar a “axenda oculta que o Goberno de Rueda ten para a costa unha vez que a Xunta asumiu as competencias sobre o dominio público terrestre”. Segundo dixo, trátase “dunha axenda oculta que implica blindar empresas contaminantes como Ence ou apostar pola eólica mariña que pon en risco a biodiversidade e a actividade pesqueira”.

Dixo tamén que “fronte as políticas que promoven tamén o interese especulativo dos bens patrimoniais do litoral, a alternativa do BNG pasa, entre outras cuestións, por blindar a función ecolóxica e produtiva das rías primando as actividades produtivas tradicionais, como o marisqueo, a pesca e a acuicultura extensiva, fronte a esas actividades contaminantes e agresivas, como a macrominería e as macrocelulosas. Para o BNG, o sector pesqueiro e marisqueiro teñen que estar por diante da mina de Touro, de Altri ou de Ence”, resaltou, engadindo que “o BNG aposta por unha xestión integrada en gobernanza compartida cos concellos costeiros e, entre outras medidas, por crear un organismo para a adquisición e xestión de terreos e bens no litoral e deseñar un plan director do patrimonio cultural”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.