Pontón: “A bochornosa moción de censura en Ribeira demostra o nerviosismo do PP”

13 Outubro 2025

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, compartiu a súa opinión sobre a moción de censura levada a cabo este 13 de outubro por parte do PP e o PBBI contra o Goberno local de Ribeira, formado por BNG e o PSdG (e até este mes de outubro, tamén, polo PBBI). Pontón cualificou a moción de “vergoñenta” e dixo que esta iniciativa reflicte “a preocupación do PP pola tendencia a alza dun BNG que goberna para a maioría e que cada vez é máis valorado polos veciños e as veciñas”. Esta moción, dixo, “demostra o nerviosismo cara un BNG que sobe, que mellora o seu apoio e, sobre todo, que demostra que goberna mellor os concellos que o PP”, sostivo.

Pontón criticou que “tal e como transcendeu nos últimos días, a moción de censura se acadase con presións e manobras escuras, o que pon de manifesto que o PP quere facerse co poder sen ter en conta a máis mínima ética e, desde logo, sen preocuparse polo ben dos veciños e das veciñas deste concello da Barbanza”.

En resposta ás preguntas dos xornalistas, a líder do BNG amosouse convencida de que tras o “bochornoso” triunfo da moción de censura debatida hoxe, a xente de Ribeira tomará nota e “poñerá no seu lugar” a cada un dos seus protagonistas na próxima cita coas urnas. “Estou convencida de que Luís Pérez Barral volverá ser alcalde tras as eleccións de 2027”, subliñou.  

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.