Óscar Cobos Cía. de Danza leva “Nove espellos” a Rianxo o 24 de outubro

15 Outubro 2025

O vindeiro 24 de outubro a agrupación Óscar Cobos Cia. de Danza estará en Rianxo, no Auditorio Municipal, para presentar ante o público local o espectáculo Nove espellos, a proposta máis recente do grupo: unha iniciativa escénica que nos mergulla nunha atmosfera onírica deixando una pregunta no ar: onde imos cando durmimos? A cita será o 24 de outubro ás 20.00 horas. Trátase dunha actividade que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia.

Nove espellos é, en palabras da compañía, “unha viaxe polo multiverso do eu-non-consciente, un espazo onde o todo e a nada son o mesmo, onde se recrean medos, desexos, fracasos, ausencias, acertos, ledicias e tristezas, onde a música que todos levamos dentro pode chegar a converterse nun ruído insoportable, onde un sorriso pode converterse nun aceno irrecoñecíbel, onde as liñas se deforman creando formas que só son posíbeis nun espazo-tempo ilimitado, onde un berro imposíbel deixa que o eu máis esencial se faga presente, despoxado de calquera imposición do mundo da razón. Nove espellos é a liberdade absoluta que cada un de nos creamos nun mundo feito a nosa medida, onde procesamos as emocións e os recordos que experimentamos no universo do eu-consciente”.

Trátase dunha proposta pensada para tres intérpretes que interactúan entre si utilizando para isto diferentes linguaxes vencelladas ás artes do movemento, dende a danza popular tradicional galega ata a danza de contacto, pasando pola danza contemporánea e a danza clásica entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.