O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reúne as empresas do polígono da Tomada na Pobra do Caramiñal

15 Outubro 2025

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, realizou unha visita institucional ao Polígono Industrial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, acompañado pola directiva da Entidade de Conservación do Polígono, o alcalde José Carlos Vidal e a segunda tenente de alcalde, Patricia Lojo. Durante o encontro, mantivo unha reunión con representantes das 33 empresas que operan neste espazo empresarial.

Os empresarios trasladaron ao subdelegado as principais necesidades e retos do polígono, centrados na mellora das infraestruturas, da conectividade e dos servizos comúns, así como no impulso dunha planificación sostible e competitiva que lles permita seguir medrando.

A presidenta da Entidade de Conservación, Isabel Cañas, destacou que “estamos nun lugar estratéxico para o futuro do Barbanza, porque desde aquí impulsamos boa parte da actividade produtiva da zona, xeramos oportunidades e sostiñemos o tecido económico dunha parte importante da comarca”. Tamén puxo en valor o compromiso ambiental das empresas, apostando pola eficiencia enerxética e a integración paisaxística.

Pola súa banda, Julio Abalde agradeceu o esforzo e a contribución do tecido empresarial do Barbanza e ofreceuse a colaborar para favorecer o desenvolvemento económico e a creación de emprego na comarca, nun contexto de evolución positiva da economía española. Recordou que, segundo a revisión do cadro macroeconómico de 2025, o Goberno prevé un crecemento do 2,7 % e a creación de medio millón de novos empregos entre 2025 e 2026, consolidando unha senda de estabilidade e progreso.

O subdelegado tamén salientou o impacto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través do cal os Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) deixaron en Galicia máis de 811 millóns de euros en axudas a empresas neste ano, contribuíndo á modernización do tecido produtivo e á mellora da competitividade industrial.

Abalde concluíu asegurando que o Goberno de España “vai seguir acompañando ao empresariado galego e apoiando iniciativas que xeren riqueza, emprego e futuro para comarcas como o Barbanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.