O programa Ler Conta Moito leva á Biblioteca de Rianxo tres destacados espectáculos para a rapazada

10 Outubro 2025

A Biblioteca Pública Municipal Castelao, dende o seu espazo provisional no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, organiza para a vindeira semana tres propostas dentro do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Venres 17 de outubro – 18.00 h

Pipo, o paxaro que non sabía voar, a cargo de Trémola Teatro

Público destinatario: bebés de 0 a 3 anos

Duración: 45 minutos

Entrada: de balde ata completar capacidade

É precisa inscrición previa no correo cultura@concelloderianxo.gal.

Sinopse: Pipo é un paxariño que está moi triste porque non sabe voar. Un día aparecen por alí os seus amigos, que lle intentan axudar. Será capaz Pipo de aprender a voar grazas á vosa axuda?

Sábado 18 de outubro – 12.00 h

Alúa, o bosque itinerante, a cargo da Fraga dos Mouros

Público destinatario: familiar con crianzas de 4 a 12 anos

Duración: 60 minutos

Entrada: de balde ata completar capacidade

Sinopse: Unha moura e un trasno deben salvar o bosque. Coa participación dos nenos, atravesarán probas e descubrirán a mitoloxía e a natureza galegas entre xogos, contos, cancións en vivo e malabares.

Sábado 25 de outubro – 12.00 h

A landra viaxeira e o amigo Lambón, a cargo de Os Jalochos

Público destinatario: familiar con crianzas ata 12 anos

Duración: 45 minutos

Entrada: de balde ata completar capacidade

Todas as actividades terán lugar na Biblioteca Pública Municipal Castelao (espazo provisional no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo).

Sinopse: Cunha folla de carballo que se transforma en camión, nun barquiño, nun paraugas, se precisan dun avión, Landra e Lambón coñecerán a Picapeixe e Picapaus, o punki Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot que é unha tarteira vella e Lara, a píllara espacial. Respectar a natureza, viaxar por vilas e cidades, xogar co ritmo da música, cantar e bailar sen acougo, son parte das propostas que pon en valor este libro para o divertimento das pícaras e pícaros da casa. Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas, relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.