O PP di que os Orzamentos reforzan o compromiso da Xunta co Barbanza

23 Outubro 2025

A deputada autonómica do Partido Popular, Magdalena Pérez, asegurou este 23 de outubro nunha visita a Porto do Son que “os Orzamentos presentados polo Goberno autonómico consolidan en 2026 o seu compromiso coa comarca do Barbanza-Muros-Noia a través de investimentos estratéxicos que melloran os servizos públicos, a mobilidade, a seguridade e a calidade de vida nosa veciñanza”.

A popular comezou destacando a conversión en autovía da VAP Brión–Noia, que ve incrementado o seu orzamento nun 23%, ata acadar os 5,2 millóns de euros. “Estamos a falar dunha infraestrutura clave para garantir unha conexión segura e eficiente coa área metropolitana de Santiago”, apuntou Pérez, quen subliñou que a actuación beneficia directamente aos concellos de Brión, Rois, Lousame, Noia e Muros, e “foi reclamada en múltiples ocasións polos representantes locais do PP, especialmente en Noia”.

A popular puxo en valor tamén que nas costas autonómicas a provincia da Coruña teña un investimento histórico de máis de 85 millóns de euros no ámbito da xustiza.

No ámbito educativo, Pérez destacou “a posta en marcha do bono de comedores escolares”, unha medida que responde, explicou, “ás necesidades trasladadas por alcaldes como o de Porto do Son, onde o servizo de comedor de algún colexio do municipio está xestionado directamente pola ANPA”.

Engadiu que “esta iniciativa permitirá apoiar ás familias que utilizan comedores escolares fóra da rede pública autonómica, garantindo unha alimentación equilibrada e accesible para todo o alumnado, independentemente da titularidade do servizo”.

En canto á mellora dos centro, a deputada confirmou que “as contas inclúen obras en centros escolares como a actuación no CEIP Plurilingüe Praia Xardín de Boiro, cun orzamento de máis de 1,15 millóns de euros para mellorar as instalacións e adaptar os espazos ás novas necesidades educativas”.

Engadiu que “O Barbanza tamén se beneficia da convocatoria para a consolidación e estruturación de centros tecnolóxicos, cunha achega total de 329.723 € entre 2025 e 2026 ao CETGA en Ribeira, dos cales 164.861 € se investirán na anualidade de 2026, reforzando así a capacidade investigadora e o tecido tecnolóxico do territorio”.

Actuacións no plano ambiental

No ámbito ambiental, Pérez afirmou que “as contas inclúen actuacións de especial relevancia como os traballos de conservación no complexo dunar e húmido de Corrubedo e as intervencións na illa de Sálvora, que reforzan a protección dun patrimonio natural único”.

A popular destacou tamén “o investimento en saneamento e depuración en Lousame (1,1 M€) que”, segundo Pérez, “mellorará a calidade ambiental e a saúde dos ríos e do litoral, así como os 883.000 € destinados á restauración ambiental do entorno da mina de San Finx, unha actuación clave para recuperar a zona afectada pola actividade mineira, respondendo así as demandas reiteradas do propio concello”.

Tamén, dixo Pérez, as contas galegas consignan 2,3 M€ en axudas para a conservación da Rede Natura e a convocatoria pioneira dun chiringuito biosostíbel no litoral galego, “avanzando cara a un modelo máis respectuoso co medio natural que combina protección ambiental coa vida das persoas”.

Melloras nas infraestruturas

No ámbito das infraestruturas públicas, Perez subliñou que “a Xunta mantén o compromiso coa mellora do porto de Portosín, cun investimento de 1,2 millóns de euros nesta anualidade, destinado ao reforzo do abrigo e á dotación de atracada, completando así o orzamento total da obra de 2,1 millóns de euros”.

“Esta actuación responde ás demandas trasladadas polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e polo patrón maior da confraría de Portosín, que veñen reclamando melloras estruturais para garantir a operatividade e seguridade da flota pesqueira local”, explicou.

En canto as melloras no Hospital do Barbanza, a popular avanzou que “está prevista a dotación para o Hospital de Día Oncohematolóxico, xunto con 1 millón de euros para a mellora das envolventes e 326.700 € para a adquisición dun mamógrafo, reforzando a prevención e o diagnóstico precoz”.

Ademais, sinalou, “a comarca será dotada dunha nova ambulancia medicalizada (460.000 €) para mellorar a resposta ante emerxencias”.

No ámbito sanitario indicou que “o Goberno autonómico destinará 2,1 millóns de euros para a obra do novo centro de saúde de Noia, unha actuación actualmente en fase de redacción e que foi demandada polo anterior alcalde, Santiago Freire, como resposta ás limitacións do equipamento actual”.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, formalizou a cesión dos terreos necesarios para o novo centro de saúde e a Xunta de Galicia inclúe nos orzamentos de 2026 unha partida de 600.000 euros para iniciar a súa construción. Un paso firme que responde ás demandas veciñais e reforza o compromiso coa atención primaria.

No marco da consolidación da rede de apoio ás familias, a Xunta, explicou a deputada, incrementa nun 29 % os recursos destinados á atención temperá, comentou.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...