Cementos Tudela Veguín obtén unha concesión no Porto Exterior da Coruña e completa o traslado das empresas operadoras de graneis. A cementeira investirá preto de 8 millóns de euros na súa nova terminal en Punta Langosteira. A instalación de almacenamento e expedición de cemento contará cun sistema avanzado de protección ambiental.
Todas as empresas operadoras de grandes líquidos e sólidos estás en proceso de traslado ao Porto Exterior, co que se van cumprindo as previsións da Autoridade Portuaria coruñesa, previsións sobre as que moi poucos confiabamos.
O Consello de Administración da Autirodade Portuaria aprobou o venres pasado o outorgamento da concesión á empresa cementeira, por un prazo de 35 anos. A compañía investirá preto de 8 millóns de euros na construción da nóva planta, nunha superficie de 3.100 metros cadrados.
A futura terminal contará con cinco silos metálicos que terán unha capacidade de almacenamento de 18.000 toneladas e permitirán almacenar a expedir cemento a granel cara a camións mediante un sjstema automatizado que inclúe filtros, compresores, básculas industriáis e equipos de control e seguranza.
O proxecto contempla asimesmo a construcción dun edificio de servizos múltiples e toda a infraestrutura necesaria. A instalación recibirá cemento directamente dos buques mercantes mediante bombeo pneumático a través de circuítos subterráneos, e contará cun sistema de protección ambiental que garante a ausencia de emisións de pó ao exterior e unha xestión eficiente de resíduos.
O Porto Exterior da Coruña está consolidado como a primeira dársena de Galicia en volume de toneladas de mercadorías cargadas e descargadas nas súas instalacións. Xa superou os 37 millóns de toneladas dende a súa posta en servizo no ano 2012.




