O Ministerio de Agricultura e Pesca distingue a Galuriña, de Esteiro

15 Outubro 2025

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación distinguiu este mércores 15 de outubro, co Premio Honorífico de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais ás mulleres cooperativistas do sector agroalimentario, en recoñecemento “ao seu labor colectivo, ao fortalecemento da súa autonomía e participación na toma de decisións, así como por constituír un referente para toda a sociedade e as novas xeracións”.

Ademais, o ministerio outorgou os premios desta edición nas súas catro categorías, con tres galardóns por modalidade, dotados con 18.000, 12.000 e 7.500 euros respectivamente.

“Esta iniciativa reforza o compromiso do Ministerio coa igualdade de xénero, o acceso das mozas á actividade agraria e a diversificación económica como ferramenta para frear o despoboamento rural”, informou o Goberno.

Na categoría de Excelencia á Innovación na Actividade Pesqueira ou Acuícola, o segundo premio foi dar a María Carmen Sánchez Sánchez, (Galuriña, Esteiro, A Coruña) polos seus produtos de panadería enriquecidos con macerados de algas propias.

O negocio (Galuriña) consiste nunha empresa especializada en masa con algas: empanadas con peixes, mariscos e a gama vegana e pizzas de diferentes sabores. Traballa con algas tipo himanthalia, wkame, ulva e nori, todas elas certificadas como recolectores polo CRAEGA (organismo de certificación de produtos ecolóxicos en Galicia) .

O acto de entrega coincidiu coa celebración Día Internacional das Mulleres Rurais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.