O luns 20, chegará con chuvias, tormentas e temperaturas frescas en Galicia

19 Outubro 2025

Galicia iniciará a semana cunha xornada de inestabilidade atmosférica, marcada pola presenza dunha nova fronte activa que deixará ceos moi nubrados, chuvias intermitentes e episodios de tormenta, especialmente nas comarcas atlánticas e do interior oeste.

As precipitacións serán máis intensas durante a madrugada e primeiras horas da mañá, cando se poderán rexistrar treboadas ocasionais. Co avance do día, as chuvias te chuvascos de tipo illado e ocasional, máis probables en comarcas atlánticas tenderán a amainar, aínda que os ceos continuarán cubertos e non se descartan novos chuvascos illados pola tarde e á noite.

As temperaturas descenderán lixeiramente, con máximas que rondarán os 15 a 16 graos e mínimas próximas aos 12 graos, o que deixará unha sensación térmica fresca en boa parte da comunidade.

O vento soprará do suroeste con intensidade moderada, reforzándose nas zonas costeiras e nas elevadas, onde poderán rexistrarse rachas fortes ao paso da fronte.

A situación mellorará a partir do martes, cando se agarda unha tregua nas precipitacións e unha leve recuperación térmica.

AS PRECIPITACIONS SEGUIRÁN ATA O XOVES.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.