O Culturgal Expandido leva a Ribeira os días 25 e 26 de outubro todas as disciplinas da cultura galega

08 Outubro 2025

O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá os próximos días 25 e 26 de outubro a edición 2025 do Culturgal Expandido, que inclúe actividades para todas as idades e unha destacada presenza de artistas e creadores locais, como Quico Cadaval, Fran Sieira, Nan Îllonia, Susana Sampedro ou Os Liantes, ademais de obradoiros e conversas literarias.

“O Culturgal Expandido chega a Ribeira para manter o noso propósito de levar a cultura galega ás vilas pequenas e medianas da provincia”, asegurou Natividad González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, que presentou no hall do Auditorio Municipal de Ribeira o programa da feira xunto o alcalde, Luis Pérez Barral; Antía Alberte, concelleira de Cultura de Ribeira, e Camilo Franco, director de Culturgal.

“É moi importante para nós que Ribeira sexa sede dun dos eventos máis importantes do ano na cultura galega”, afirmou Luis Pérez, mentres que Antía Alberte destacou “a oportunidade que isto supón para a nosa vila, dous días para facer comunidade e coñecer o máis novo da cultura galega”.

Este Culturgal Expandido “quere unir a enerxía cultural galega coa enerxía cultural dunha vila como Ribeira cun obxectivo final, que non é outro que divertirse”, engadiu Camilo Franco, “nunha cita que é un pouco un bonsai do Culturgal de Pontevedra, xa que aquí teremos tamén todas as disciplinas da cultura galega, como a literatura, a música, a danza, as artes escénicas, os videoxogos ou o cinema”.

Programa

O Culturgal Expandido comeza o sábado 25 de outubro ás 10:00 horas co obradoiro Mediación. Un baile ceibe en comunidade, con Fran Sieira, para dar paso ás 12:00 horas a O lobo feliz, un espectáculo infantil con Miguel Guido.

Ás 13:00 horas chegará o obradoiro Pensa o teu guión de videoxogo e xa pola tarde Clube de lectura, conversas literarias, Quico Cadaval, danza e a película O Apostolo.

Na mañá do domingo, programación infantil con Contamos contos de lobos?, de Ghazafellos, e O rap do coello fedello, de Irene Alonso Gasalla.

Pola tarde, obradoiro de cinema, coloquio cos premiados do certame Cidade Centenaria de Ribeira, e un peche musical con Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela e XeVA & Mon-O.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.