O conselleiro de Emprego e o alcalde de Rianxo visitaron os Estaleiros Catoira

09 Outubro 2025

O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración estivo este mércores 8 de outubro en Rianxo para visitar as instalacións dos Estaleiros Catoira, onde foi recibido por Ramón Collazo, responsábel da empresa con sede no paseo do Porto rianxeiro, onde perdura no tempo como un dos derradeiros exemplos de construción naval tradicional en madeira (carpintería de ribeira). O conselleiro puxo en valor “a necesidade de impulsar esta tradición construtiva reivindicando e visualizando un oficio que ten moito futuro”.

Pola súa banda, o alcalde dixo que “Ramón e o seu equipo son hoxe custodios dun saber que pasou de xeración en xeración e que hoxe corre o risco de desaparecer”. E engadiu: “Garantir a continuidade da carpintería de ribeira non só supón favorecer a conservación dun inmenso patrimonio cultural, senón que tamén resulta fundamental para o futuro da construción naval de acordo cos estándares de sostibilidade que se marcan dende a Unión Europea”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.