O Concello de Ribeira licita os servizos da escola infantil municipal por máis de dous anos

27 Outubro 2025

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación a xestión dos servizos da escola infantil municipal por un período inicial de dous anos, cun valor estimado do contrato de 2.495.344,21 euros. Ademais, o prego contempla a posibilidade de prorrogar o servizo por outros nove meses adicionais.

Segundo informou o Goberno local, o obxectivo desta licitación é garantir a continuidade e a calidade na atención educativa e asistencial dos nenos e nenas de 0 a 3 anos que acoden a este centro.

A medida responde, segundo a área de Servizos Sociais, á necesidade de adaptar a contratación aos prazos e requisitos actuais, garantindo un funcionamento estable e eficiente da escola infantil.

O contrato inclúe a prestación de servizos educativos, asistenciais e de comedor, ademais da xestión do persoal e das instalacións municipais. Entre as condicións recóllese tamén o número máximo de prazas, o horario de atención e o ratio de profesorado por alumno, co fin de asegurar un servizo de calidade.

O Concello destacou que esta licitación reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e coa conciliación laboral e familiar, mantendo os estándares de atención que caracterizan o centro educativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.