O Concello de Rianxo achega axudas de ate 2.000 euros para a posta en marcha de novas empresas e comercios

08 Outubro 2025

O Concello de Rianxo achega neste 2025 unha liña de axudas para facilitar a posta en funcionamento de empresas e establecementos comerciais no termo municipal, axudas municipais ao emprendemento local que poden ascender a 2.000 euros.

Este programa de subvencións impulsado polo Executivo de Julián Bustelo está dotado con 10.000€.

As persoas emprendedoras que queiran coñecer máis detalles na convocatoria teñen os datos requiridos na sede electrónica municipal.

“Esta iniciativa, xunto con outras que xa se executaron, diríxense a favorecer a apertura de novos establecementos comerciais no noso municipio coa finalidade de dinamizar a nosa pequena e mediana economía”, destacou recentemente o alcalde Julián Bustelo, engadindo que “cada novo establecemento que abre supón un chanzo máis no camiño cara a recuperación do dinamismo comercial do noso pobo”. O rexedor tamén puxo en valor tamén o feito de que no ano 2024 Rianxo freara a perda de empresas do sector do comercio e da hostalaría.

Serán obxecto de subvención os seguintes gastos: gastos de constitución, obras de acondicionamento do local, existencias iniciais de mercadorías, gastos de alugueiro do local, vehículo industrial, aplicación informáticas equipos informáticos; primas e seguros, subministros e gastos correntes e dereitos de propiedade industrial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.