O Concello de Padrón presenta o Outono Cultural 2025 con música, cine e teatro para todos os públicos

21 Outubro 2025

O Concello de Padrón vén de anunciar a programación do Outono Cultural 2025, unha ampla oferta de actividades que encherán de cine, música e teatro os meses de outubro, novembro e decembro. Esta cita, xa consolidada no calendario cultural padronés, conta co apoio da Deputación da Coruña e coa inclusión na Rede Cultural.

A programación iniciouse a pasada fin de semana coa Mostra de Cine en Galego, que incluíu a proxección da película Antes de Nós e dos documentais A poeta analfabeta e A loita final. As sesións completáronse con coloquios con creadores e con proxeccións infantís para o público máis novo, consolidando unha primeira cita que terá continuidade nos vindeiros anos.

Nos próximos meses, o Auditorio Municipal de Padrón acollerá un amplo abano de propostas culturais. Todos os espectáculos celebraranse ás 19:00 horas.

O venres 7 de novembro abrirá o escenario a compañía Teatro MoRRAconto coa obra Tromsø, nunha xornada na que tamén se entregará o Premio Maruxa Villanueva 2024 a Lidia Veiga, protagonista do espectáculo. O sábado 8 será a quenda da Asociación Cultural Charamela, que representará a peza E parecía parvo!.

O venres 14 proxectarase o documental Prisciliano e a Gallaecia, que debuxa o perfil desta figura histórica a través dun percorrido polos xacementos arqueolóxicos vinculados á súa vida. A sesión contará cun coloquio no que participarán o director, Aser Álvarez, e o historiador e arqueólogo Diego Piay. O sábado 15 será a Banda de Música Municipal de Padrón a encargada de ofrecer o tradicional concerto de Santa Icía.

O venres 21 subirá ao escenario Teatro Malasombra coa obra Testosterona, unha comedia que aborda a desigualdade laboral a través da historia de dous subdirectores que compiten por un posto de máxima responsabilidade. O sábado 22 celebrarase un concerto de corais coa participación da Coral Polifónica de Tomiño, a Coral Polifónica de Silleda e a Coral Polifónica Padronesa.

O venres 28 será a compañía Teatro aAntena quen poña en escena Golpes, un espectáculo íntimo que reflexiona sobre a violencia machista. O sábado 29 terá lugar un concerto da Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela.

Humor e tradición nas propostas do mes de decembro

O sábado 6 de decembro representarase Os dous de sempre, unha nova adaptación teatral da única obra narrativa escrita por Castelao, a cargo de Producións Excéntricas e interpretada polo dúo cómico Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, baixo a dirección de Quico Cadaval.

O venres 12 será a quenda do documental Lévame a idea, que rende homenaxe ás creadoras e divulgadoras da música de tradición oral galega. O sábado 13 pechará este bloque a Asociación Teatral O Aturuxo de Melpómene coa representación de A pena do cu do mundo, unha comedia musical con textos e dirección de Leandro Lamas.

Co Outono Cultural 2025, o Concello de Padrón reafirma o seu “compromiso coa cultura como ferramenta de cohesión social e de posta en valor da identidade local”. O Concello engadiu que “esta programación aposta pola lingua galega, pola creación escénica e pola música como espazos de encontro entre xeracións e como parte esencial da vida comunitaria”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.