O Concello de Noia presenta a programación cultural do último trimestre do ano

11 Outubro 2025

A concellería de Cultura do Concello de Noia vén de presentar a súa ampla programación cultural para o último trimestre do ano, que abrangue os meses de outubro, novembro e decembro e inclúe máis de trinta actividades entre concertos, representacións teatrais, exposicións, cinema, lectura e eventos tradicionais como o Samaín ou o Magosto.

A axenda ofrece propostas para todos os públicos e idades, cunha aposta clara pola diversidade e pola posta en valor da creación galega. Entre as citas máis destacadas atópanse o concerto do Grupo Vocal e Instrumental Atlántico na igrexa de Santa María A Nova, a celebración do Día das Escritoras, o espectáculo ¡Salta! no Liceo e Noia, así como a actividade Da morte, o pranto e o alén no Reino de Galiza, conducida polo actor e contador Quico Cadaval.

En novembro, o público poderá gozar dunha nova edición da Mostra de Curtas, da Semana Musical Santa Cecilia, e de múltiples representacións teatrais dentro dos programas AGADIC e Outono das Artes. Xa en decembro, o Coliseo Noela acollerá espectáculos familiares como Rosalía, a pulga que escribía ou Os contos de Lobicán, ademais do tradicional Concerto de Nadal da Banda de Música de Noia.

A concelleira de Cultura, Chelo Martínez, salientou que “esta programación reflicte o compromiso do Concello con ofrecer unha oferta cultural ampla, accesíbel e de calidade, pensada tanto para o público infantil como para o adulto. Noia debe ser un referente cultural na comarca, un lugar onde a cidadanía poida atopar cada semana unha actividade coa que desfrutar, aprender e compartir”.

Martínez destacou tamén a colaboración de diferentes entidades e administracións, como a Deputación da Coruña, a Rede Cultural, AGADIC e a Rede de Bibliotecas de Galicia, que fan posíbel “un calendario que combina tradición e innovación, apostando pola cultura como motor de cohesión social”.

Toda a información detallada dos eventos, horarios e espazos pode consultarse no programa trimestral publicado pola concellería de Cultura e nos perfís oficiais do Concello de Noia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.