O Concello de Muros acondiciona o Centro Social de Torea

20 Outubro 2025

A Brigada de obras do Concello de Muros realiza desde hai varias semanas traballos de mantemento na antiga casa reitoral de Torea para evitar as filtracións de auga.

As actuacións fixéronse xa na fachada principal, no teito e nas fiestras do inmóbel.

O Concello explicou que as tarefas continuarán esta semana no interior deste espazo de uso veciñal “con traballos de limpeza, pasteo e pintura das paredes”.

O Centro Social de Torea (casa reitoral de Torea) desenvólvense regularmente actividades lúdicas, formativas e culturais para os veciños/as.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.