O Concello de Boiro recibe da Deputación unha axuda para incrementar o material de emerxencias do servizo de Protección Civil

22 Outubro 2025

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña subvencións para actividades e investimentos no ano 2025 mediante as que se levou a cabo a adquisición de roupa de emerxencias e tamén material para asistencia ás emerxencias. O importe total das subvencións recibidas ascende aos 10.390,13 euros.

O alcalde, José Ramón Romero, visitou a base de Protección Civil para coñecer o material adquirido. O obxectivo desta axuda é financiar a adquisición de actividades e investimentos para impulsar e reforzar os servizos que se veñen prestando á cidadanía por parte das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

Mediante esta subvención realizouse a adquisición de padiolas pregábeis, lanterna e cámara térmica; así como roupa técnica de rescate e emerxencias. Coa incorporación deste material búscase facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes de calquera tipo, así como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos.

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro conta na actualidade cunha vintena de voluntarios que atenden a todo tipo de emerxencias producidas no termo municipal; así como a colaboración en dispositivos de outros concellos para eventos e actividades deportivas ou culturais, incidencias solicitadas polo CIAE 112 ou as forzas e corpos de seguridade tales como incendios, accidentes de tráfico ou busca de desaparecidos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.