O Concello de Boiro organiza unha xornada sobre compostaxe, separación de residuos e aproveitamento vexetal

20 Outubro 2025

O Concello de Boiro promove unha xornada práctica de compostaxe doméstica destinada a persoas que dispoñen dun composteiro ou que queren iniciarse na compostaxe. A actividade terá lugar os días 24 e 31 de outubro en horario de tarde.

Nesta xornada práctica sobre compostaxe, separación de residuos e aproveitamento vexetal abordaranse catro bloques principais. En primeiro lugar falarase sobre o novo modelo de recollida de residuos, o sistema actual e os cambios que veñen coa separación da materia orgánica; tamén se falará dos hortos urbanos e como estes serven como exemplo de aproveitamento sostíbel.

Levarase a cabo un obradoiro práctico de agricultura ecolóxica e aproveitamento vexetal cunha demostración práctica sobre remedios naturais para combater pragas e técnicas de conservación de produtos vexetais.

A xornada é gratuíta e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse mediante o formulario dispoñible na web municipal ou mediante o enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou o teléfono 981 377 585.

Domestic waste for compost from fruits and vegetables. Woman throws garbage.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.