O Concello de Boiro abre o prazo de matrícula para as formacións AFD en Atención Sociosanitaria e Restaurante e Bar

10 Outubro 2025

O Concello de Boiro promove dous novos cursos formativos da modalidade de Accións Formativas para persoas Desempregadas que van comezar no mes de marzo: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Operacións básicas de restaurante e bar. O prazo de matrícula xa está aberto.

O curso Atención sociosanitaria a persoas no domicilio está previsto que se desenvolva entre o 17 de marzo e o 12 de setembro, impartirase en modalidade presencial de 9.00 a 14.00 horas no Centro de Formación e Viveiro de Empresas. Trátase dunha actividade formativa con certificado con nivel 2 polo que se necesita o Título de ESO, certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, cumprir o requisito de acceso a ciclos formativos de grao medio ou superar as probas de acceso.

A formación en Operacións básicas de restaurante e bar comezará o 3 de marzo e desenvolverase ata o 2 de xuño en modalidade presencial en horario de 15.00 a 20.00 horas no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. Trátase dun curso con certificado nivel 1 polo que non existen requisitos académicos nin profesionais para o acceso.

As formacións son gratuítas e implican a realización de prácticas en empresas; está dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada. Todos os cursos formativos contan co módulo transversal de inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero e tamén sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

A inscrición pode facerse directamente na Oficina Virtual de Emprego ou mediante o departamento de Emprego do Concello de Boiro, de forma presencial en Orientación Laboral, no teléfono 981 84 26 09 ou no enderezo electrónico emprego@boiro.gal.

Para levar a cabo estas propostas formativas o Concello de Boiro recibe da Consellería Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 175.976,70 euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.