O Concello da Pobra presentará ante os comerciantes o novo programa de dinamización económica de Nadal

25 Outubro 2025

A Concellería de Promoción Económica celebrará a próxima semana unha xuntanza cos comerciantes do municipio de cara á vindeira campaña de Nadal. O obxectivo do encontro será a presentación das distintas actividades de dinamización e propostas que se levarán a cabo durante este período, tal e como avanza a concelleira da área, Amparo Cerecedo.

Como explica a edil, “o Nadal é unha das épocas do ano nas que se produce un maior consumo, polo que o noso obxectivo é pór en marcha actividades que sirvan para estimular as vendas no tecido económico da Pobra”.

O encontro será o martes, 28 de outubro, ás 20.30 horas no auditorio da Biblioteca Municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.