O Concello de Ribeira ampliará a rede de saneamento e abastecemento en Artes

06 Outubro 2025

O Concello de Ribeira adxudicou as obras de saneamento e abastecemento de auga para consumo doméstico no lugar de Arribas, na parroquia de Artes.

Segundo explicou o Goberno actual, na actualidade o lugar de Arribas, na parroquia de Artes, non conta con rede de saneamento nin de abastecemento, polo que “se proxecta a instalación de ditas liñas para proporcionar así o servizo á veciñanza da zona”.

A rede de saneamento estará formada por colectores de PVC e 439 metros de lonxitude que conducirá as augas fecais por gravidade ata o punto mais baixo, onde se conectará coa rede xeralexistente. En canto a abastecemento de auga para consumo, instalarase unha liña de 517 metros de lonxitude de tubaxe de polietileno de alta densidade.

O obxectivo que se persegue con este proxecto, é “o de dotar ao lugar de Arribas dos servizos de saneamento e abastecemento de auga potábel”.

A empresa Constuccións Fermin Simal, será a encargada de realizar a obra cun investimento de 78.000 euros a executar en 4 meses no marco do POS+2024.

323.000€ de investimento na parroquia de Artes

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, “nestes últimos anos investimos na parroquia de Artes un total de 323.000 euros, destinados a actuacións moi demandadas polos veciños e veciñas. Concretamente, construímos un novo parque infantil cun investimento de 115.000 euros, agora acometemos obras de saneamento e abastecemento en Arribas e en breve tamén levaremos a cabo traballos de pavimentación e mellora da rede de pluviais en Outeiro cun tamén reforzamos os pluviais nesta mesma zona con outros 32.000 euros”.

E engadiu: “Levar servizos básicos foi algo ao que nós comprometemos desde o primeiro momento, e estamos a cumprir co que nos demanda a veciñanza de Artes. Queremos seguir traballando para mellorar a calidade de vida e responder ás necesidades reais do noso concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.