O comité técnico de revalorización de lixos plásticos mariños de Lab-Mar visita o Centro Integral Amicos

22 Outubro 2025

O Centro Integral Amicos recibiu a visita do comité técnico de revalorización de lixos plásticos mariños do proxecto Lab-Mar, unha iniciativa impulsada pola Asociación Amicos, a Fundación para la Pesca y el Marisqueo (FUNDAMAR) e a Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP), co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, co-financiado polo FEMPA.

Durante a súa visita, o comité puido coñecer de primeira man o traballo dos activistas medioambientais de Amicos, que participan na actividade de prototipado e Impresión 3D con filamento de plástico reciclado, unha das accións formativas e de innovación desenvolvidas ao abeiro do proxecto Lab-Mar. Neste espazo, as persoas participantes aprenden a deseñar e producir pezas útiles vinculadas ao coidado do mar, como agullas para tecer redes ou cinseiros para praias e embarcacións, exemplos de economía circular e compromiso ambiental.

A actividade permitiu ao comité observar como a formación ambiental e tecnolóxica se converte nunha ferramenta de inclusión social e laboral, ofrecendo oportunidades de desenvolvemento e emprego ás persoas con discapacidade intelectual, ao tempo que se impulsa a conciencia ecolóxica e o coidado dos ecosistemas mariños. Tras a visita ao obradoiro de Impresión 3D, os representantes das entidades socias presentaron o novo proxecto Lab-Mar II, que dá continuidade ao traballo iniciado e amplía as liñas de acción en materia de reciclaxe, economía azul e educación ambiental.

Ademais, tamén escoitaron a lectura do conto que se lle estaba ofrecer o alumnado do CEEPR Amicos A pandilla do río Toitiña, unha historia que promove valores de coidado do medio ambiente e traballo en equipo entre nenos e nenas e que finaliza co xogo RE-SOLUCIÓN, ambientado na temática do reciclaxe mariño con especial énfase na proactividade xuvenil en material de sustentabilidade ambiental.

O director xeral de Amicos, Xoán España, destacou que “a visita do comité é unha oportunidade para amosar o impacto real deste proxecto, no que as persoas con discapacidade intelectual son protagonistas do cambio e activistas polo medio mariño”. Pola súa parte, a xerente de Fundamar, Cristina Fernández subliñou “a importancia de dar unha segunda vida aos residuos mariños a través da innovación e da colaboración entre entidades sociais e o sector pesqueiro, sempre revertendo no beneficio socioeconómico do sector. Ademais, fíxose fincapé na necesidade de levar a cabo unha sensibilización dende idades temperás”.

Dende a FNCP, Fabián Ben Conde salientou que “proxectos como Lab-Mar contribúen a reforzar a economía social vinculada ao mar e a sensibilizar sobre a necesidade de protexer os nosos ecosistemas”.

Con esta visita, o proxecto continúa avanzando na súa meta de protexer e conservar os ecosistemas mariños de Galicia e Andalucía, promovendo a formación inclusiva, a economía circular e a participación cidadá na loita contra os refugallos mariños.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.