O BNG logra o apoio do Senado para que se promova o consumo de peixe e produtos do mar en comedores escolares e centros sociosanitarios

21 Outubro 2025

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de conseguir o apoio da Comisión de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 na moción defendida pola senadora Carme da Silva para promover o consumo de peixe e produtos do mar en comedores escolares e centros sociosanitarios. A senadora nacionalista logra instar o Goberno a incorporar criterios específicos para que se garanta a presenza suficiente -tres racións semanais- nas dietas saudábeis.

“Nun contexto de caída do consumo do pescado e, co gallo dos Decretos que o Ministerio de Consumo está a realizar sobre as pautas e directrices que se deben seguir para unha alimentación saudábel e sustentábel na contratación das Administracións Públicas, entendemos que se deben incluír o consumo de peixe e produtos do mar”, defendeu a senadora do BNG durante a moción.

A iniciativa nacionalista aprobada polo Senado demanda ao Goberno promocionar unha pauta de recomendación onde inclúa tres racións de peixe e produtos pesqueiros á semana en comedores escolares. Do mesmo xeito, insta o Ministerio de Dereitos Sociais e Consumo a difundir as propiedades saudábeis de dietas como a Atlántica, “abundante en pescados, moluscos, mariscos e produtos do mar”.

Así mesmo, aproveitando que se está a redactar o proxecto de Real Decreto para o fomento dunha alimentación saudábel e sustentábel na contratación das Administracións Públicas e en centros de persoas dependentes ou con necesidades especiais, que garantirá comidas saudábeis en hospitais e residencias, a senadora do BNG consegue o apoio do Senado para que se incorporen melloras en relación ao consumo de peixe e produtos do mar.

“O Ministerio terá que ter en consideración outras alternativas de dieta máis alá da Mediterránea como pode ser a dieta Atlántica ou a Pesco-Mediterránea” sinala a senadora do BNG, mentres explica que se deberá “evitar incluír o peixe no concepto de proteína animal como un todo e non segregado, dado que é un alimento máis saudábel e con diferentes características”.

“O Goberno debe ter en contas as tres vertentes –social, económica e ambiental- á hora de estabelecer os criterios de sustentabilidade, así como realizar recomendación en base a informes científicos sobre os beneficios nutricionais dos alimentos” explica a senadora nacionalista.

Após o resultado da votación onde a moción do BNG foi aprobada, Carme da Silva valora positivamente a súa aprobación: “conseguimos que o Goberno mellore as recomendacións e se garanta a presenza suficiente de peixe e produtos do mar nas dietas saudábeis en comedores escolares e centros sociosanitarios. Unha boa nova tamén para o sector pesqueiro galego” conclúe.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.