O BNG esixe a Educación que cubra a praza de titoría que deixou vacante no CEIP O Grupo de Ribeira

08 Outubro 2025

A deputada do BNG pola comarca da Barbanza, Rosana Pérez, vén de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento para reclamar á Consellería de Educación que “de maneira inmediata cubra a praza de titoría que deixou vacante no CEIP O Grupo de Ribeira”.

Segundo indicou, esta vacante é “unha mostra máis dos recortes intensivos que vén aplicado a Xunta en favor da privada”.

Rosana Pérez reclamou, en concreto, “a incorporación dun titor ou titora para o curso de 3º B, que conta con 23 alumnos e alumnas, algúns deles con necesidades específicas de atención educativa (NEAE)”.

E engadiu: “Aínda que este é o alumando máis afectado pola falta de titor, a vacante afecta ao conxunto da matrícula deste centro, no que estudan máis de 400 nenos e nenas, dos que aproximadamente o 25 % está diagnosticado con NEAE”.  

Segundo explicou a deputada nacionalista, “na vez de cubrir a praza, a Consellería de Educación propuxo á dirección do centro que 3º B fose co-titorizado por outro dos mestres do colexio  e que as materias lle fosen impartidas polo resto do profesorado, unha solución rexeitada pola dirección, que chegou a presentar a súa dimisión, porque restaría horas de proxectos, gardas, especialidades e outras tarefas ao resto do cadro docente, prexudicando o resto de cursos”.

A deputada do BNG subliñou, ademais, “que a Consellería non está a cumprir a legalidade, posto que a normativa establece que cada grupo de alumnos e alumnas contará cunha persoa titora que se responsabilizará da atención e do seguimento personalizado do alumnado do grupo, así como da orientación da aprendizaxe e do apoio no seu proceso educativo”.

“Cabe salientar que, aínda completo, o catálogo do centro non se adapta á realidade, xa que contempla 12 unidades de Educación Primaria cando o centro ten trece”, apuntou na súa iniciativa Rosana Pérez, que reclama ao Goberno do PP  que “atenda as reivindicacións que a Asociación de Nais e País (ANPA) do CEIP O Grupo de Ribeira leva facendo desde hai tempo sen que até o de agora fosen respondidas, nunha mostra máis do desprezo, a prepotencia e falta de respecto que vén mantendo a Consellería coas comunidades educativas”.

Ademais de esixir o nomeamento inmediato dun mestre ou mestra de Educación Primaria para titorizar o curso de 3º B, Rosana Pérez demanda nas súas iniciativas que “se executen as obras de mellora urxentes neste CEIP de Ribeira”. Nomeadamente, facéndose eco tamén das reclamacións da ANPA, a deputada nacionalista reclama a reforma integral do edificio da vella comisaría de Polícía, o arranxo da cuberta do edificio anexo de Educación Infantil e o pintado exterior do edificio principal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.