O BNG de Dodro di que o novo proxecto da Xunta eliminará a maioría dos servizos de transporte público do concello

15 Outubro 2025

O BNG de Dodro denunciou publicamente que “o novo proxecto da Xunta que regula o transporte público na comarca da Barbanza supón unha grave discriminación para o concello e afonda no abandono do rural e das persoas máis necesitadas”, sinalou a agrupación, que presentou alegacións no período e información do proxecto e rexistrará iniciativas parlamentarias para “impedir o que suporá a eliminación da maioría de servizos existentes”.

“Se a situación xa era grave, o novo proxecto da Xunta supón un deterioro absoluto do transporte público, deixando sen servizo á veciñanza de Dodro, en especial, a quen ten obriga de trasladarse por cuestións médicas, laborais ou escolares”, sinalou o portavoz de Dodro, Xoán Bautista Mariño que rexistrou as alegacións ao proxecto despois de recollida de sinaturas canda a AA.VV. San Xoán de Laíño e U.V. de Dodro. Recollida á que se sumaron a ANPA de Dodro, Club Deportivo Dodro, Asociación de Veciños de Eiró entre outras.

No centro Xoán Bautista Mariño, portavoz do BNG xunto ao compañeiro de UV de Dodro e o secretario AA.VV. San Xoán de Laíño

O escrito entregado á Xunta mostra a oposición veciñal ao novo proxecto e recolle tres puntos básicos nos que se centran as reivindicacións. O primeiro deles esixe que “se manteñan os actuais horarios de transporte público coa mellora da comunicación co instituto de Padrón e co centro de saúde de Lestrobe en horario e analíticas e reforzo as horas centrais do día para regresar”.

Ademais, as alegacións reclaman que “se melloren e reforcen as actuais frecuencias das liñas Santiago de Compostela-Ribeira nos dous sentidos” e, finalmente, solicitan “que non se dea validez ao proxecto de explotación por consideralo discriminatorio e non cubrir as necesidades da veciñanza de Dodro que ficarían illadas das comarcas veciñas”.

Denuncian que “co proxecto da Xunta, por exemplo, desde as 8:30 da mañá non habería ningún servizo que cubrira a zona até pasadas as 13:30”. Esta situación, din, “vai complicar a vida de moitas persoas, en especial as que non teñen vehículo propio e teñen que acudir ao centro de saúde, a facer unha xestión ou a calquera acción pola que se teñan que trasladar necesariamente”, sinala Xoán Bautista Mariño, engadindo que “para ir ao hospital, o novo proxecto implicaría chegar como moi tarde ás 9:30 e non terían autobús de volta até as 13:15”.

Complícase tamén, segundo sinalan no texto de alegacións presentado, a comunicación con Santiago xa que “quen non atope praza no autobús de regreso das 15:15, por exemplo, tería que agardar até as 19:00 para o seguinte servizo mentres outros concellos contan con autobuses cada hora para ir e volver”.

Con Rianxo a frecuencia ficaría reducida a un servizo pola mañá a primeira hora e outro pola tarde, engaden.

“Se a finalidade era mellorar o servizo, a Xunta dirixiuse no sentido contrario, afondou nos recortes e no esquecemento da veciñanza de Dodro, complicando aínda máis a súa vida, en especial, a da mocidade que ten que acudir aos seus centros de ensino e a das persoas maiores que precisan que se lle facilite a mobilidade”, sinala Xoán Bautista Mariño.

“Non se pode aceptar que un servizo público subvencionado beneficie unhas poboacións á conta de castigar outras, sobre todo no rural, onde cada vez existen menos oportunidades”, sinálase no texto de alegacións que denuncia tamén que a Xunta estea a inxectar máis cartos no novo contrato ao tempo que se recortan servizos e se afonda na desprotección e o abandono do rural.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.