O BNG convoca un acto público aberto este xoves para “defender a dignidade de Ribeira fronte á moción de censura”

06 Outubro 2025

Baixo o lema Ribeira ten diginidade! Por un goberno limpo, honesto e cun proxecto que mellore a vida da xente, a agrupación local do Bloque Nacionalista Galego convocou un acto público aberto para esta semana co obxectivo de permitir á cidadanía expresar o seu malestar pola moción de censura impulsada os días pasados polo grupo independente PBBI que dirixe Vicente Mariño, até o de agora no goberno, co apoio do Partido Popular. A cita será este xoves 9 de outubro ás 20.00 horas no novo Auditorio Municipal de Ribeira. Trátase dunha xornada participativa “contra as coaccións e a compra de vontades”, segundo anunciou recentemente o aínda alcalde Luís Pérez Barral, que intervirá no acto xunto coa concelleira Antía Alberte e a voceira e coordinadora do BNG a nivel autonómico, Ana Pontón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.