O BNG apoia en Ribeira as mobilizacións en defensa da sanidade pública

11 Outubro 2025

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestou hoxe o seu apoio ás mobilizacións que percorren as rúas de Ribeira e da comarca do Barbanza en defensa dunha sanidade pública de calidade e con atención sanitaria garantida para toda a poboación.

Rosana Pérez, Montse Prado e Iria Carreira con militantes do BNG, concelleiros e o alcalde

Durante a protesta, representantes da formación nacionalista denunciaron a “nefasta política sanitaria” do Partido Popular, que —aseguran— está a derivar cada vez máis recursos cara á sanidade privada mentres se deteriora e se recortan medios na pública.

“Esta política ten como consecuencia directa a diminución da calidade asistencial que recibe a nosa veciñanza”, indicaron desde o BNG, lembrando o incremento das listas de espera, tanto nos centros de saúde como nos hospitais, así como o colapso dos servizos de urxencias.

O BNG advertiu ademais da falta de persoal sanitario en moitos centros de saúde de Galicia, con crianzas sen pediatra asignado, a ausencia de psicólogos e un número “mínimo” de fisioterapeutas dispoñibles, o que consideran resultado dunha estratexia “orientada a deteriorar o sistema público mentres medra o negocio da sanidade privada”.

“Desde o BNG denunciamos este modelo sanitario do Partido Popular e apoiamos as mobilizacións da veciñanza en defensa da súa sanidade pública, como esta tan importante que se desenvolve hoxe en Ribeira”, afirmaron, lembrando que o acto contou coa presenza do alcalde, Luís Pérez.

A formación nacionalista asegurou que seguirá mobilizándose e demandando unha sanidade pública, gratuíta e de calidade para toda a cidadanía galega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.