O Auditorio de Rianxo acolle este venres un espectáculo para bebés: “Pipo o paxaro que non sabía voar”

14 Outubro 2025

Este venres 17 de outubro o Auditorio de Rianxo vai dar acollida a un novo espectáculo familiar para a rapazada: Pipo o paxaro que non sabía voar, a cargo de Trémola Teatro. Será ás 18.00 horas da man da Biblioteca Municipal de Rianxo, no espazo provisional do Auditorio. Terá unha duración de 45 minutos e está dirixido a bebés de 0 a 3 anos.

A entrada será de balde ata completar capacidade, con inscrición previa en cultura@concelloderianxo.gal indicando nome e data de nacemento do bebé, nome e teléfono da persoa acompañante. Trátase dunha proposta do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Pipo é un paxariño que está moi triste porque non sabe voar. Mais todo muda cando chegan os seus amigos… e tamén o público, que terá un papel clave para axudarlle a descubrir se pode erguer o voo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.