O arcebispo de Santiago chama a ser “misioneiros de esperanza” no Domingo do Domund

19 Outubro 2025

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, publicou unha carta pastoral con motivo do Domingo Mundial das Misións (Domund), que este ano se celebra baixo o lema “Misioneiros de esperanza entre os pobos”.

No seu escrito, o prelado anima aos fieis a vivir este tempo cun renovado compromiso evanxelizador, sendo “mensaxeiros, construtores e signos da esperanza” nun mundo marcado pola violencia, a inxustiza e o sufrimento.

Monseñor Prieto Fernández lembrou que “o Señor Xesús continúa o seu ministerio de esperanza para a humanidade a través dos seus discípulos”, e subliñou que cada cristián está chamado a seguir as pegadas de Cristo, “a esperanza que non declina nin defrauda”, en referencia ao Xubileo Romano de 2025.

Neste contexto, o arcebispo compostelán apelou á responsabilidade dos crentes de converterse en artesáns de esperanza e sanación, inspirados polo “corazón compasivo do Señor”, para que a Igrexa siga sendo semente de consolo e fraternidade entre os pobos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...