O alcalde de Rois recibe á delegación de Xeorxia dentro do programa de intercambio internacional

30 Outubro 2025

Tamén formaban parte da comitiva un grupo de estudantes de Erasmus procedentes de Alemaña, Grecia, Italia, Malta e Portugal que está a coñecer Galicia.


O alcalde de Rois, Ramón Tojo, recibiu este xoves no multiúsos municipal á delegación de Xeorxia que visita o municipio dentro da segunda fase do programa de intercambio internacional promovido polo Concello.

A vintena de participantes da delegación xeorxiana chegou acompañada por estudantes do programa Erasmus procedentes de Alemaña, Grecia, Italia, Malta e Portugal, que ao longo desta semana están a coñecer diferentes puntos de Galicia.

Tras unha sesión de traballo no multiúsos de Rois, a comitiva visitou a Asociación Amipa e o Campus Tecnolóxico Cortizo, onde puideron coñecer de preto as actividades e proxectos destas entidades. A xornada da mañá completouse cunha visita ao pazo de Antequeira.

Xa pola tarde, os participantes tomaron parte nun diálogo multicultural en Urdilde, no que tiveron ocasión de degustar castañas e compartir uns momentos co grupo de pandeireteiras de Rois, nun ambiente de intercambio cultural e convivencia.

Esta actividade enmárcase nos intercambios internacionais impulsados polo Concello de Rois, que no pasado mes de xullo levaron a unha decena de mozos e mozas roisenses a Xeorxia, onde coñeceron a cultura, historia, costumes e gastronomía do país. Nesta viaxe estiveron acompañados polos membros do goberno local Victoria Quiroga e José Luis Ares.

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...