“Non viñemos buscar man de obra esclava, nen roubar salarios a ninguén”. Antón Luaces

18 Outubro 2025

Non podo asegurar que o PP copie a VOX, nen xustificar que o que este dí sexa da súa colleita e non da do outro. Mais estou certo de ter visto as clásicas maletas dos galegos migrantes que, no peirao coruñés de Méndez Núñez, facían cola para entrar no edificio que lles daba entrada ao acceso ao buque-correo Begoña pola escada que os levaba á cuberta deste e de aquí aos camarotes que lles correspondían. Eran os últimos emigrantes galegos a Suramérica, corrían os anos 60 do século pasado. E virían a continuación os migrantes que, de Galicia, saían cara Hendaia, rumbo a París, desde a estación de ferrocarril que todos denominabamos “de Santiago” porque na Coruña aínda existía a estación de Madrid, ubicada en terreos preto da Gaiteira e da torre de Telefónica, a carón da igrexa aínda hoxe existente na rúa que levaba o nome de Primo de Rivera ata a praza de Madrid. 

Foron centos, milleiros, os galegos que a partir desas datas viaxaron en tren cara Europa (España non formaba parte daquela da CEE, hoxendía UE) para se instalar amáis de en Francia, en Suiza, Alemaña, Bélxica, Inglaterra, etc. 

Fomos nós, os galegos, os que dixemos a Europa que non iamos aló como man de obra esclava, sí barata para eles, que iamos ocupar uns postos de traballo que os franceses, ingleses, suizos, alemáns, etc., rexeitaban de xeito evidente e non porque os desprazaran os galegos.

PP e VOX fan actualmente outra lectura do que é a migración cando os seus dirixentes analizan o feito migrante no acceso deste importante colectivo a traballos vacantes porque os españois os rexeitan. Un camerunés, un senegalés, que non falan español veñen ocupar en terra ou no mar postos de traballo que aquí ninguén demanda, que están vacantes e para os que as emoresas demandan unha remuda que non chega de España.

E non é porque os migrantes -como din a dereita e a estrema dereita en España- vivan ou tenten vivir ao seu xeito, como tamén fixeron noutros países de Europa ou as Américas nomeadamente os galegos, que fundaron asociacións nas que falaban, cantaban e bailaban coma si estiveran na súa terra. A todo isto se chama solidariedade, integración, sermos funcionais na vida de cada pobo reservando a nosa propia para nunca esquecela.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.