Mércores 15, ceo despexado e temperaturas altas para a época

14 Outubro 2025

Este mércores 15, Santa Teresa de Xesús, continuará a mesma situación atmosférica en Galicia, coa presenza dun anticiclón situado ó norte, centrado nas Illas Británicas, e con aire frío en altura. Esta configuración deixará un día maiormente estable, aínda que con algunhas variacións locais.

A primeiras horas da mañá agárdanse néboas nas comarcas do interior, que se disiparán co paso das horas, dando paso a ceos moi abertos con nubes de tipo alto.

As temperaturas mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen grandes cambios/25-27 graos máximas). Os ventos soprarán de leste-nordés, en xeral frouxos, aínda que moderados no litoral norte, e de oeste-noroeste nas Rías Baixas.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1.5 metros á tarde.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.