Máis dun cento de persoas arroupan o acto de homenaxe do BNG de Carnota á figura de Castelao coa presenza de Ana Pontón

25 Outubro 2025

O BNG de Carnota vén de render homenaxe á figura política de Castelao nun acto público que foi arroupado por máis dun cento de persoas, e que foi levado a cabo este venres 24 de outubro na Casa do Mar de Lira. Contou coas intervencións da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do cabeza de lista da formación nacionalista en Carnota para as eleccións municipais de 2027, Primitivo Pedrosa.

No acto, que foi presentado por Cristina Caamaño e que se enmarcou no Ano Castelao polo 75 aniversario do seu falecemento, varias persoas realizaron unha lectura pública de diferentes fragmentos do libro Sempre en Galiza, obra literaria do homenaxeado. Tamén houbo apartado musical, coa actuación da cantante local Fátima, que interpretou o coñecido tema Lela. Así como a o interpretación do himno galego ao final do evento, da man do gaiteiro Xosé Manuel.

Durante as intervencións, Ana Pontón destacou a pegada que deixou Castelao no pensamento nacionalista galego, e apuntou que tivo a grandeza de contribuír a que nacera en 1944 o Consello de Galiza, institución galega no exilio, cuestión pola que é recoñecido como primeiro presidente galego.

“Se hoxe Castelao nos vira, sentiría orgullo do que estamos facendo”, sinalou a portavoz nacional do BNG, que engadiu que “75 anos despois da súa morte, podemos dicir que se o nacionalismo galego está onde está, é grazas a el”.

Pola súa banda, Primitivo Pedrosa, lembrou que Castelao celebrou un acto político en Lira, polo que decidiron realizar a homenaxe precisamente neste lugar do municipio de Carnota.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.