Investigadores da USC exhuman en Asados unha fosa na que xacen dúas vítimas da violencia golpista do 36

27 Outubro 2025

O grupo HISTAGRA-CISPAC-USC (Universidade de Santiago) formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas achegou en Rianxo novos e importantes avances ao abeiro dunha das súas principais liñas de traballo: pescudar sobre o pasado de violencia en Galicia.

A campaña de 2025 deu comezo este luns 27 en Asados (Rianxo), coa exhumación dunha fosa que se atopa no propio adro da igrexa de Santa María de Asados na que xacen dúas vítimas da violencia golpista de 1936, ambos paseados cun mes de diferenza, aproximadamente.

As vítimas son Manuel Piñeiro Abeijón, veciño de Boiro que o 14 de agosto de 1936 foi paseado no alto da Paradegua para logo os golpistas abandonar o seu corpo sen vida na estrada próxima á igrexa de Asados, e Francisco López Pérez, veciño da parroquia de Taragoña que tamén foi paseado no mesmo lugar o 12 de setembro de 1936 e despois levado a un lugar próximo á igrexa.

Comezaron os traballos de exhumación na parroquia de Asados. Foto: Lentes Diverxentes

Unha vez rematados os traballos en Rianxo, a campaña de estudo e exhumación de novas fosas trasladarase o 10 de novembro a unha fosa da resistencia guerrilleira antifranquista emprazada no cemiterio da igrexa de Santa María de Luou (Teo) na que se atopan os restos de catro membros da V Agrupación comandada por Benigno Andrade, o “Foucellas”. En concreto, nesta fosa foron inhumados Ricardo Fernández Carlés, natural de Pontecesures; Florentino Menéndez Palacios, natural de Peñarrubia (Sama de Langreo); Manuel Agrasar Cajaraville, o “Barbarroxa”,  natural da Matanza (Iria Flavia, Padrón); e Vicente López Novo, co alcume de “el hijo de la Nova”, natural de Santa Uxía de Ribeira. 

No informe histórico preliminar estanse a analizar as diferentes fontes e relatos que conducen a diversas hipóteses sobre o acontecido durante o enfrontamento que tivo lugar o 19 de maio de 1948 no lugar de Loureiro, parroquia de Luou. Ese enfrontamento resultou na morte deles catro máis dun garda civil. Lograron escapar, pola parte da resistencia, “Foucellas” (Benigno Andrade) e Xosé Ramuñán Barreiro.


Logo dos traballos en Rianxo e Teo, a campaña deste ano continuará coa investigación histórica da fosa de Riberias de Sor (Mañón). Así mesmo, procederase coas labores de recoñecemento nos espazos de defunción das campañas pasadas.

Por parte da USC, a través do Grupo Histagra, o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e o doutor en Historia e profesor Antonio Miguez Macho coordinan un equipo de investigación formado por arqueólogos dirixidos polo profesor da USC Jose Carlos Sánchez Pardo, o antropólogo forense do IMELGA Fernando Serrulla Rech e o equipo de xenética do Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’ dirixido por María Victoria Lareu.

O grupo ten xa actualizado o mapa de fosas de Galicia para realizar nos vindeiros anos a maior cantidade de exhumacións dos enterramentos de persoas asasinadas pola violencia franquista.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...