Gómez Caamaño di que a Xunta está a ultimar unha reordenación de profesionais de atención primaria para reforzar a cobertura no Centro de Saúde de Ribeira

15 Outubro 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, achegou este 15 de outubro, no Parlamento, información de relevancia para a cidadanía de Ribeira, crítica dende hai meses co trato que se lle está a dar dende a Xunta en materia de sanidade. Segundo fixo saber, a Xunta “está a ultimar unha reordenación dos recursos humanos de atención primaria que permitirá reforzar a cobertura en centros de saúde como o de Ribeira”.

Segundo explicou, o Servizo Galego de Saúde presentará “antes de que finalice o presente ano un documento con medidas para facer fronte ás necesidades de persoal coas que conta o primeiro nivel asistencial da sanidade pública galega”.

O conselleiro nunha imaxe de arquivo

Durante a súa intervención, Gómez Caamaño remarcou que “pese ao déficit de profesionais, a asistencia sanitaria está plenamente garantida en Ribeira, ao tempo que agradeceu o labor dos profesionais que prestan o seu servizo nos centros da localidade”. E engadiu: “En Ribeira hai catro pediatras e os catro atenden no propio día, sen demora“, referiu a modo de exemplo o conselleiro.

O conselleiro dixo que os profesionais que remataron a súa residencia en Ribeira, o pasado mes de xullo, xa están prestando servizo no centro de saúde.

Gómez Caamaño volveu novamente a culpabilizar ao Goberno central da problemática da saúde pública en Galicia: “O Ministerio de Sanidade, que é quen conta coas competencias para paliar o déficit de facultativos do Sistema Nacional de Saúde, non está a adoptar medidas efectivas para solucionar este problema, nin contemple as propostas que lle achegan as diferentes comunidades autónomas”, sinalou, reiterando que é preciso que o Goberno “permita ampliar a idade de xubilación dos facultativos ata os 72 anos e tamén que se axilice a homologación dos títulos estranxeiros”.

Estas declaracións chocan de fronte cos argumentos esgrimidos pola Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza, que se mobiliza cada xoves nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño para reclamar máis persoal e melloras urxentes. A pasada fin de semana, ademais, a plataforma mobilizou máis de 5.000 persoas para facer unha cadea humana de protesta entre o Centro de Saúde de Ribeira e o Hospital do Barbanza (cinco quilómetros de distancia). Para a plataforma, a Xunta ten a capacidade de solucionar o problema de ter vontade de facelo, “sen necesidade de buscar culpábeis”. Reclaman, co apoio do Concello saínte de Ribeira, “menos recortes e máis profesionais no ámbito da saúde galega”. En concreto, denuncian a falta de profesionais en atención primaria e os longos tempos de espera en atención especializada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.