Fran Boza leva a Moimenta (Boiro), este sábado, o seu espectáculo “Malabaridades”

22 Outubro 2025

O sábado 25 de outubro a Casa dos Veciños de Moimenta vai acoller un espectáculo familiar e infantil de Fran Boza: Malabaridades. Será a partir das 17.30 horas. Trátase dunha cita cultural encadrada na Festa do Magosto que organiza a veciñanza de Moimenta.

Fran Boza é un artista novo que malia a súa xuventude conta cunha dilatada traxectoria como malabarista en diversos circos. Aos 14 anos xa estaba a presentar números en carpas portuguesas, galegas e do resto do estado. Ao longo destes anos, tamén ten participado regularmente en xiras internacionais.

En xuño de 2022 estrea o seu primeiro espectáculo, dirixido por Fran Rei e producido por Culturactiva: Malabarabilidades. Neste show amosa a súa destreza con bólas, mazas, rulo americano e mesmo un maxestuoso número de rebote.

Fran Boza presenta en Malabarabilidades un posto de tiro e convida ao público a probar a súa puntería a cambio de suculentos premios. Pero as cousas non van como estaban previstas e, a partir de aí, desencadéase un divertido espectáculo cheo de humor, participación do público e destrezas malabares de todo tipo. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.