Comezan as actividades da XXVII edición das Xornadas Valle-Inclán na Pobra

19 Outubro 2025

Debido á choiva, suspendeuse este domingo o roteiro teatralizado pola localidade, actividade que levará a cabo nunha data próxima pendente de determinar

As Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán da Pobra celebran este outono a súa XXVII edición, organizadas polo Museo Valle-Inclán coa colaboración do Concello. A axenda arrincou o 18 de outubro coa conferencia Valle-Inclán na arte galega, a cargo de Miriam Elena Cortés, profesora da USC e membro do Grupo de Investigación Iacobus. Será no auditorio da Biblioteca a partir das 20h.

O martes 21 e o mércores 22 haberá teatro para escolares: Farsa italiana de la enamorada del rey, de Valle-Inclán, a cargo de Teatro Cachirulo (monicreques de Carmen Domech e dirección de Jorge Rey). Será o martes no CEP Pilar Maestú ás 11.30h e o mércores no CEP Salustiano Rey, ás 11.30.

O xoves 23 inaugúrase a mostra Castelao: A santificación de Valle-Inclán, comisariada por Antonio González Millán, na Casa da Cultura, ás 20h.

O venres 24 preséntase o facsímile de A miña irmá Antonia, de Valle-Inclán, con limiar de Xaquín del Valle-Inclán, epílogo de Antonio González Millán, tradución de Rocío Viéitez e fotografía de Adolfo Enríquez. Será ás 20h no Museo Valle-Inclán. Publica a Secretaría Xeral da Lingua (Xunta).

O sábado 25 celébrase a conferencia Valle-Inclán como inspiración da arte, na Biblioteca, ás 20h, a cargo de Gonzalo Sánchez Mendizábal, escultor e tratadista.

O mércores 29 conmemorarase o nacemento do escritor. Haberá unha ruada a cargo de GMT Caraveiros (dende as 12h) e unha ofrenda floral ás 12.30 no Cantón da Leña.

O xoves 30 preséntase o nº 2 da Revista Foro Galicia e Valle-Inclán, na Biblioteca ás 12h.

O domingo 2 de novembro haberá teatro na rúa: con Títeres Alakran e a peza Xan Quinto, ás 12.30.

O sábado 8 de novembro celebrarase un obradoiro de caligrafía artística con Alba Farto (na sala de iconografía contemporánea do Museo ás 11.30, para a rapazada e para adultos) e o sábado 15 de novembro representarase A miña irmá Antonia (adaptación teatral da novela de Valle a cargo de TEP, Teatro en Punto) ás 20h na Alameda, na praza da Fonte e no Elma. Dirixe Gloria Rico Galán.

Tamén se celebrarán ata novembro escolmas de textos do autor en establecementos públicos da vila.

Outros artigos

Mércores 16, marcado descenso térmico en Galicia

A comunidade quedará baixo unha circulación de vento do nordés que deixará máximas baixas para a época do ano. Galicia atoparase este mércores nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, marcada pola entrada dunha circulación de vento do nordés....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.