Este luns 13 de outubro arrinca a campaña Rianxo Latexa con feiras de comercio, xogos, animación de rúa, música e obradoiros

12 Outubro 2025

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a presidenta da Asociación Rianxeira de Empresas (ARE Rianxo), Conchi Martínez, presentaron ese venres 10 de outubro, no salón de plenos do Concello de Rianxo a campaña de dinamización do comercio local Rianxo Latexa, unha das cinco campañas galegas elixidas pola Xunta de Galicia dentro do novo programa O teu comercio local é extraordinario, destinada a poñer en valor o comercio de proximidade.

Julián Bustelo destacou que grazas a esta iniciativa “Rianxo encherase de vida do 13 ao 18 de outubro cunha semana chea de compras nos negocios locais, actividades para toda a familia e un gran sorteo final de 3 vales de 500 € para volver gastar en Rianxo”.

Podemos consultar toda a programación da campaña a través da web da asociación.

O programa inclúe unha ampla programación de actividades abertas á veciñanza e visitantes: feira do comercio, xogos, inchábeis, animación de rúa, actuacións musicais, maxia, clown, obradoiros e degustacións.

Como incentivo ás compras, celebrarase un sorteo presencial o sábado 18 de outubro ás 21:00 h na praza de Castelao, no que se repartirán tres vales de compra de 500 euros cada un para gastar nos establecementos locais adheridos.

Durante a presentación, a presidenta da ARE quixo agradecer o apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Rianxo, así como recoñecer “a implicación e compromiso dos negocios que forman parte da asociación”, convidando tamén aos que aínda non o son a achegarse á sede da ARE “para coñecer de preto o traballo que se fai en favor do comercio local”.

Tamén tivo palabras para a veciñanza, “que segue a confiar no comercio que lle dá vida á vila”, e rematou cunha mensaxe clara: “Rianxo Latexa aspira a converterse nunha referencia sobre como o traballo conxunto entre asociacións, administración e cidadanía pode impulsar o comercio local de maneira efectiva e participativa. Animamos á prensa a acompañarnos, a difundir a campaña e a dar visibilidade ao esforzo colectivo que fai posible este proxecto”.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.