Este domingo a veciñanza do Araño organiza unha nova edición da súa Andaina ao Pozo Bastón

02 Outubro 2025

A Asociación de Veciños do Araño (Rianxo) organiza unha nova edición da Andaina ao Pozo Bastón. Será o vindeiro domingo 5 de outubro.

A saída está programada para as 9:00 horas dende o Hórreo do Araño.

Será, en palabras da veciñanza do Araño, “unha cita coa natureza, lenda e patrimonio da parroquia”.

Inclúe unha distancia a percorrer de 12 km entre hórreos, pazos, cruceiros, o camiño real, muíños, río… e castiñeiros no seu mellor momento.

Cómpre levar calzado cómodo e segundo recomendan dende a organización, cámara de fotos ou móbil con cámara (cada paso é unha postal).

Para quen non o saiba, o Pozo Bastón é unha fervenza do reto Treito, afluente do Te, na aldea da Ferrería, no Araño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.