En Muros o Goberno local pon a punto dos campos de fútbol Eleuterio Balayo e José Luis Vará

27 Outubro 2025

O Concello de Muros puxo a punto e acondicionou os campos de fútbol Eleuterio Balayo e José Luis Vará.

A Brigada de Obras do Concello de Muros realizou traballos mantemento nas dúas instalacións deportivas que se concretaron no seguinte:

-No Eleuterio Balayo, “a brigada fixo labores no campo consistentes no rozado das zonas verdes e a limpeza e pintura do caucho do tellado da cantina, co obxectivo de evitar filtracións de auga”, explicou a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.

-No caso do campo José Luis Vara, a Brigada de Obras traballou reforzando as columnas das gradas e substituíndo os bloques rotos para mellorar a seguridade das instalacións. Ademais, o persoal municipal de rozas limpou os terreos lindeiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.