Domingo 26, estabilidade do tempo. Cambio de hora de madrugada

25 Outubro 2025

Na madrugada deste domingo producirase o cambio de hora para que o horario de inverno se axuste mellor ao ciclo do sol. O cambio será oficialmente ás tres da mañá, hora peninsular, que coincide coa hora central europea; ás tres da mañá os reloxos atrasaranse ata as dúas. Con este cambio, a xornada do domingo 26 terá 60 minutos máis.

O cambio de hora en España comezou a principios do século XX para adecuar, posteriormente mantívose fixa no que agora chamamos horario de inverno ata 1974. Tras a primeira gran crise do petróleo reguláronse dous cambios ao ano coa idea de optimizar a luz solar e reducir o consumo enerxético. O horario de Inverno é GMT+1 e o de verán GMT+2. En marzo adiántase unha hora, en outubro atrásase.

En canto o tempo durante o domingo 26, San Demetrio, a influencia anticiclónica irá gañando presenza, favorecendo unha melloría progresiva do tempo ao longo da xornada.

Os ceos estarán máis nubrados nas primeiras horas do día, especialmente no extremo norte, onde podería rexistrarse algún chuvasco feble e disperso. Co avance das horas, as nubes irán deixando paso a grandes claros, con ambiente máis despexado no interior e no sur da comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas subirán na metade sur e se manterán sen cambios significativos no resto.(na comarca 20 graos en Santiago e interior 16 graos)

En canto ao vento, soprará do nordés, frouxo no interior, aínda que con intervalos moderados nas zonas costeiras.

En resumo, Galicia despedirá a fin de semana cun tempo máis estable e con melloría progresiva, propia dun anticiclón que se afianza sobre o territorio.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...